


Solicitamos novamente ao Sr. Alcalde, Alberto Romar, unha explicación detallada, clara e transparente sobre a situación actual do proxecto e do proceso de licitación do aglomerado deste camiño situado na Pereira. Desde hai tempo vimos solicitando información oficial ao respecto e, a día de hoxe, seguimos sen recibir ningunha resposta concreta nin comunicación por parte do Concello, o que está a xerar malestar, desconfianza e unha evidente sensación de abandono entre os veciños e veciñas afectados.
Non queremos ser mal pensados pero esta obra non será un trato de favor para gañar votos.
