Santa Comba é un concello que navega a deriva e a veciñanza do pobo  expresa o seu  malestar polo estado no que se atopou este verán a piscina municipal ao aire libre.

Non se recorda no Concello un goberno que tivera tan abandoada a piscina coma este, o estado das instalacións este ano eran tercer mundistas , gran parte dos veciños nas redes sociaís expresarón o seu descontento e os problemas que tiveron este ano para disfrutar das instalacións coma merecen xa que son eles os que pagan os impostos. 

As principais queixas veciñais céntranse en:

• A desaparición do céspede, substituído por terra, o que provocou incomodidade e suciedade tanto nas toallas como na propia auga da piscina.

• A presenza de malos olores na piscina infantil, utilizada polos máis pequenos.

• O deterioro das duchas e peches, sen labores de mantemento nin reparación.

Segundo sinalan os usuarios, esta situación contrasta coa xestión realizada en anos anteriores, cando se apostaba por un mantemento continuo e responsable. “A piscina municipal quedou este ano nun estado lamentable, transmitindo unha imaxe de abandono impropia dun servizo público tan valorado pola cidadanía”, apuntan.

Con este peche da tempada, a veciñanza reclama ao goberno local que para o próximo verán se retome o mantemento e se devolva á piscina municipal a calidade e o coidado que sempre a caracterizou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *