A situación da área recreativa da Illa, fase 2, en Santa Comba, é verdadeiramente lamentable. A maleza tomou o lugar, a falta de limpeza é notoria e o descoido salta á vista desde o primeiro momento.

O río e as zonas adxacentes atópanse cubertos de plásticos, lixo e ata un inodoro abandonado, unha imaxe que reflicte unha preocupante falta de mantemento e respecto pola contorna natural.

Señores gobernantes de Santa Comba, é momento de actuar con responsabilidade. Este espazo debería ser un punto de encontro e gozar para a comunidade, non unha entulleira. A cidadanía merece áreas recreativas limpas, seguras e coidadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *